Música no Claustro doa 17 fotografías históricas ao Concello de Tui e fai balance da edición de 2023

0 意见· 08/30/23
Informativos
Informativos
0 订户
0

Samuel Diz e Beatriz Fontán do festival Música no Claustro fixeron entrega esta mañá ao concello de Tui de 17 fotografías históricas tomadas nos anos 20 do século XX en Tui, Valença e A Guarda. Unha delas da campá máis pequena da Catedral ilustrou o cartel deste ano. Agora forman parte do fondo do Arquivo Municipal. Hoxe fixeron tamén balance da edición deste 2023 e do proxecto executado con Fondos Next Generation que permitiu a dixitalización da Misa de San Telmo, os concertos e o Foro Resonancias que formaron parte da programación de 2022. Así o contamos en Noticias 13.30 h.

显示更多

 0 注释 sort   排序方式


下一个