SECCIÓN TIC: Desde o 29 de xuño, os operadores de telecomunicacións non poden realizar chamadas con fins comerciais

0 Views· 07/03/23
Voces de Ferrol - RadioVoz
0

O aumento de queixas derivadas destas prácticas sumado ao feito do aumento de cidadáns que xestionaran a súa inclusión en servizos de exclusión de envíos comerciais como a lista Robinson evidenciaban a magnitude dun problema sobre o que desde o paasado día 29 poderán intervir as autoridades competentes en materia de telecomunicacións e especialmente a Axencia de Protección de Datos. A normativa establece que para que un operador de telecomunicacións poida realizar chamadas con fins comerciais debe contar co consentimento previo do destinatario ou ben demostrar que posúe un interese lexítimo de conformidade coa normativa de protección de datos (por exemplo para unha proposta contractual previamente solicitada ou ben en caso de obrigacións impostas por lei, interese público ou interese vital do propio usuario)

Show more

 0 Comments sort   Sort By


Up next